Materiais de clase

Aqui estarán materiais diversos dalgúns dos temas que abordamos en clase. Son só iso, materiais dispersos para provocar curiosidade, lembrar o que facemos en clase e sobre todo para que aproveitedes as ligazóns das presentacións e así ver exemplos na rede. Basicamente tratan de ser ideas simples, soporte para que vos inspiredes o mais posible, camiños polos que camiñar e mellorar a calidade dos vosos filmes..


8. Aquí tedes o esquema do explicado en clase sobre a Radio. Que vos preste.



7.  A publicidade.
Xa podes descargar neste enlace os contidos do tema da publicidade.


6.-Aqui está o tema 6 sobre o cinema de non ficción. Non deixedes de visionar as propostas que están nas ligazóns. O mais importante é que vexas por ti mesma as diferentes tipoloxías e xeitos de facer un documental.


5.-Xa tedes a vosa disposición "De Murnau a McLaren" un dos temas que mais vos vai molar do curso. Está ateigado de ligazóns para que visionedes moitas prácticas cinematográficas diferentes das vangardas no cinema.


Aquí está o tema 4, ainda precisa un pouco máis de traballo, mais é para que vos poñades mans a obra no Nadal. O tema inclúe os arquivos descargabeis sobre o guión. Lembrade o símbolo da selectividade que hai nalgunhas páxinas.



4.1. Descarga aquí.  "Buscando una historia desesperadamente"
4.2.Descarga aquí    "Escribid, escribid malditos"









.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas polo vídeo, Manolo. Acaba de serme moi útil, de verdade... perdera os apuntes que fixera na clase do traballo!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Manolo, serviume de gran axuda.

    ResponderEliminar