sábado, 30 de setembro de 2017

Un vídeo de cómo facer un vídeo

Aqui tedes un video realizado polo mozo Aarón Vilariño que gañou un premio no concurso de Vídeos na Rede Youtubeir@s 2017 na categoria Videofacermos
Penso que é moi pertinente. Que vos preste...

xoves, 28 de setembro de 2017

A mirada de Hopper

Nestes días imos comezar a darlle voltas ao concepto de "encadre" e "composición".  É imprescindible que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debe ter unha mirada persoal é por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza, plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward HopperUn creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar

martes, 26 de setembro de 2017

Benvid@s á " Inquedarte"

Ola a tod@s, ao fin estreamos o blog de "Inquedarte". Despois de darlle moitas voltas, non está mal o nome que escollemos. Aporta información sobre o que calquera lector ou lectora debería topar aquí: a participación libre e creativa,e sobre todo inqueda, dun fato de mozas e mozos que utilizan a imaxe audiovisual como xeito de expresión artística. Estades tod@s invitad@s a participar non só coa creación de contidos, senón tamén en mellorar a aparencia, engadir algún logo ou deseño orixinal, facer comentarios e recomendar filmes, vídeos, libros, cómics, poesía ou música. Podedes modificar o deseño, engadir seccións e novos apartados..etc... Calquera cousa que se vos ocurra. Estaría moi ben que este blog fose un expoñente do que anda polos miolos dun grupo de artistas emerxentes. Eu tamén prometo participar en pé de igualdade, coas miñas opinión e aportacións que agardo sexan de utilidade.