xoves, 28 de setembro de 2017

A mirada de Hopper

Nestes días imos comezar a darlle voltas ao concepto de "encadre" e "composición".  É imprescindible que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debe ter unha mirada persoal é por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza, plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward HopperUn creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar



Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes degustar moitos cadros do marabilloso pintor estadounidense acompañados pola música do inigualable e inmortal Leonard Cohen

Poucos como Hopper reflicten a soidade da sociedade urbana a través de persoaxes solitarios que miran ao infinito envoltos por unha esmerada composición de luces e sombras en localizacións cotiáns que nunca deixan indiferente ao espectador.  Moitos cineastas tiveron a Hopper como fonte de inspiración (aquí tedes un artigo). E aquí outro sobre a sùa influencia no cine modernoSi lle preguntades ao Sr Google polas relacións entre "Hopper e o cinema", deseguro ficaredes asombrados pola súa figura como inspirador de decorados e imaxes inquietantes...

Podedes buscar  "Shirley Visiones De Una Realidad" un filme estreado no 2014 e realizado a partires de 13 pinturas de Hopper. Aquí tedes o trailer:

Para rematar, aconséllovos que miredes esta peza -deseguro vos gustará- sobre a influencia da pintura no cinema de Almodovar, entre os que destaca con luz propia -cómo non- o pintor Edward Hopper  . Que vos preste. ..
Pedro Almodóvar’s Obsessions (III): Art from Jorge Luengo Ruiz on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario