mércores, 4 de outubro de 2017

Composición, encadre, emoción, beleza e sentido..

Nestes días andamos a matinar constantemente nos conceptos do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante, mais non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas cargadas de sentido.


Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)

2 comentarios:

  1. Grazas polos vídeos, Manolo, sonche bastante útiles!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polos exemplos, moi ilustrativos, espero algún día e coas túas clases, ¡ser capaz de facer algún plano como esos!

    ResponderEliminar