mércores, 11 de outubro de 2017

Poesía visual de Tarkovski

Citei de pasada en clase a fascinante capacidade do visionario cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Traballar coas imaxes, é unha das principais tarefas do artista visual. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal". Nos seus sete filmes sempre deixa aberta a interpretación das súas imaxes para que os espectadores vivan por sí mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. Exactamente ao contrario do cinema mainstrean. Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres¡¡¡¡. Ou poñede o seu nome en San Google para que vos percatedes de quén estamos a falar.


Mais exemplos de composición no cine:

What Is Composition from Press Play Video Blog on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario