domingo, 5 de novembro de 2017

Ataque Escampe en plano secuencia

Ataque Escampe e un grupo galego de musica "Indie" nacido xa no 2002, mais que ten moitos seguidores, moi especialmente polas súas letras cáusticas, literarias e moi retranqueiras que -polo menos a min- sempre me dan un puf na cabeza. E un dos cásicos grupos que tedes que escoitar varias veces as súas pezas para pillarlle o punto e logo quizais comecedes a querelos. Resulta que nestes días presentaron o seu novo videoclip ‘E eu que chorei con Ghost’, gravado nun único plano secuencia nos mesmos días que vos gravábasdes os vosos.  Aí vai... e,,,, buscade na rede as súas cancións que pagan a pena polo orixinais que son, eso que é tan dificil de acadar na arte..

Ningún comentario:

Publicar un comentario