martes, 23 de xaneiro de 2018

Manifesto do cinema-ollo

En 1923 Vertov publicaba o Manifesto do Cine ollo, no que tentaba expoñer as ideas fundamentais sobre que debería ser o cinema nunha sociedade revolucionaria.  Aquí tedes un pequeno resumo das ideas que defendían. Como podedes comprobar son absolutamente contrarias ao cinema mainstream :

1. O cine-drama é opio do pobo.
2. ¡Abaixo os reis e raíñas inmortais da pantalla! Vivan os mortais normais, filmados na vida durante as súas ocupacións  habituais
3. ¡Abaixo os guións-fábula burgueses! Viva a vida tal e como é.
4. O cine-drama e a relixión son un arma mortal nas mans dos capitalistas. Pola demostración da nosa cotidianeidade revolucionaria, arrinquemos estas armas das mans do inimigo.
5. O drama artístico actual é un vestixio dun mundo vello. É unha tentativa para deslizar a nosa realidade revolucionaria no interior de formas burguesas.
6. Abaixo a posta en escea da vida cotián: filmádenos de improvisto tal e como somos.
7. O guión é  unha fábula inventada sobre nós por un home de letras. Vivamos a nosa vida sen someternos ás invencións de calquera persoa.
8. Na vida, todos nos adicamonos aos nosos asuntos sen impedir traballar aos demáis. O que pretendemos no cinema ollo é filmar sen impedirnos traballar.
9. ¡Viva o cine-ollo da revolución proletaria!


                                                                                                                    Manifesto dos Kinoks, Cine Ollo. Dziga Vertov. 1923
Dedicado a Andrea Seoane

Aquí tedes un pequeno video que ilustra estas ideas


E se queredes ver outra proeza de Vertov botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, ousadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

1 comentario: