martes, 10 de abril de 2018

Videopoesía (1)

1.-Comezamos a poñer exemplos de videopoemas. O primeiro día vimos o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar
homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Si algún de vos se atreve a participar neste proxecto, logo será enviado aos seus xestores por si consideran oportuno publicalos.
Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.

Unha segunda liña de achegarse aos videopoemas, pasaba por revisar o Proxecto "Versogramas", onde un grupo de cineastas tentan achegarse á poesía visual con certos medios.
Aquí tedes a súa web para que vos inspiredes.
Na Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo 
Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.



Ningún comentario:

Publicar un comentario