martes, 8 de maio de 2018

Fritz Lang en Ferrol

Ao longo do curso deume a impresión que o cinema expresionista chamouvos a atención. Moit@s de vos manifestáchedes no seu día a vosa devoción por Tim Burton. Pois si queredes entender mellor algunhas das teimas do voso admirado director, tedes unha ocasión de ouro asistindo o sábado 12 de maio ao Teatro Jofre para gozar da fabulosa distopía de ciencia-ficción "Metrópolis" de Fritz Lang, unha peli considerada pola UNESCO como "memoria do mundo". Estará ambientada en directo coa música de Morales, compositor de música electrónica e industrial. Cambiará o voso xeito de entender o concepto "cine mudo". Unha experiencia única e que de seguro ficará nas vosas lembranzas para sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario