mércores, 1 de novembro de 2017

Do son á imaxe (moi recomendabel)

Música Doméstica é unha curta elaborada por Alfonso Merino, un estudante de comunicación audiovisual de Vigo. Foi o premio con Certame Olloboi no 2014. Con este traballo pensou en dar a volta á orde na que normalmente se “constrúen" as películas, e partir do son no canto de na imaxe. Alfonso aproveitou os seus coñecementos de música para “compoñer” un tema rítmico cos sons da casa na que vivía. Escolleu obxectos e gravounos mentres soaban, fixo unha pista de audio sen imaxes mesturando os distintos sons e por último engadiu as imaxes. Na maioría das películas a banda sonora (diálogos, música e efectos) traballa para complementar as imaxes: neste caso a banda sonora é a protagonista e as imaxes serven simplemente para que se poida identificar a fonte de cada son, e de paso amosar que se pode facer música con calquera cousa das que temos tod@s pola casa: papeleiras, portas, caixóns, etc…
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.

1 comentario: