mércores, 10 de xaneiro de 2018

Tim Burton e o expresionismo

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton. . Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene).De seguro que vai a gustarvos.



O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

1 comentario:

  1. Encantoume o video de Tim Burton, malia aínda sorprendeume máis o vídeo comparativo das súas creacións. A verdade e que, despois de velo, teño que dicir que unha gran porcentaxe das súas personaxes son calcadas ás desta vangarda... ¡é impresionante!

    ResponderEliminar