martes, 30 de xaneiro de 2018

" Un vacío na inocencia", Verán 1993 - Carla Simón

¿Canto de difícil e para unha persoa perder un ser querido?¿E para unha nena de tan só seis anos?
Isto e o que interpreta no seu filme Carla Simón, directora española que a través do seu impactante filme ábrenos o seu corazón e nos mostra a complicada época que tivo que pasar para superar a morte da sua nai, e o mais duro, a crecer.

El verano que cambió para siempre la vida de Carla Simón
Sentín a enorme necesidade de expoñer a miña opinión sobre esta película, xa que considérome unha gran fan do cine en xeral, e poucas películas, han conseguido facerme sentir tantas emocions e recordos como foi no caso de "Verano 1993". Quizáis é a vida de Frida que experimentou situacións na súa vida similares a miña, ou a estética de filme italiano coa sensibilidade dunha pelicula francesa que tanto me gustan,... Sexa o que sexa, esta peza e maravillosa, xa que a directora non pretende contarnos a historia, se non, que nos mesmos a sintamos como nosa.Quero destacar que e totalmente normal que non lle guste a todo o mundo, porque este tipo de películas so poden entendela persoas con unha gran sensibilidade, pero en todo caso invítovoos a vela e disfrutala.

Un saudo :)



domingo, 28 de xaneiro de 2018

Cine de apropiación

Como parece que vos molou o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas mentres tomades a decisión do camiño que ides tomar na práctica das vangardas...



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

A voltas coa xeometría

Agora que estades matinando xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados...


Reinterpretación animada do "Xardín das delicias"

"El Bosco" está considerado como un dos pintores máis extraordinarios da historia da arte. Un pioneiro e inspirador do movemento surrealista que tanto vos mola. Aquí tedes unha reinterpretación animada do seu mítico e misterioso cadro "El Jardín de las delicias" pintado arredor de ¡¡ 1501, fai 515 anos !!.
Non perdades a ocasión de velo e dádelle ao play. Vai especialmente adicada a tant@s adolescentes agobiad@a e estresad@s que deambulan como zombies polo Instituto nestes días.  

PARADISE - A contemporary interpretation of The Garden of Earthly Delights from STUDIO SMACK on Vimeo.

Surrealismo mainstream

Como puxo Manolo en clase algunhas películas mainstream que mesturaban elementos surrealistas, lembreime dunha película que se desenvolve nun futuro no que o mundo está dirixido pola "dirección", para a que traballa o protagonista. Sen embargo, este decide deixar o seu traballo, recluirse e comezar a traballar nun teorema que incriblemente dará o significado da existencia humana que tanto tempo levou atopar.
Teorema Zero é unha película de estética cyberpunk dirixida por Terry Gilliam e protagonizada por Christoph Waltz que vos fará pensar moito sobre absolutamente todo.
Déixovos o trailer. Espero que vos guste.

xoves, 25 de xaneiro de 2018

Abstracción e publicidade

Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos.  Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf.

mércores, 24 de xaneiro de 2018

O surrealismo do cotián

Nestes días andades a procurar ideas para os vosos traballos, moitas obsesionad@s co extraordinario e o onírico. As veces, o máis inquietante pode agocharse no cotián, como nestas pequenas pezas que abordan a frustración a partires de situacións habituais que todos vivimos algunha vez.
UNSATISFYING from PARALLEL STUDIO on Vimeo.
Ou esta outra peza que pivota sobre o absurdo.
Preposterous - A short about absurdity from Florent Porta on Vimeo.

É mais o menos o que propón o gran director David Lynch (Terciopelo azul, Twin Peaks, Mulholland Drive...)  "para ter boas ideas"

martes, 23 de xaneiro de 2018

Manifesto do cinema-ollo

En 1923 Vertov publicaba o Manifesto do Cine ollo, no que tentaba expoñer as ideas fundamentais sobre que debería ser o cinema nunha sociedade revolucionaria.  Aquí tedes un pequeno resumo das ideas que defendían. Como podedes comprobar son absolutamente contrarias ao cinema mainstream :

1. O cine-drama é opio do pobo.
2. ¡Abaixo os reis e raíñas inmortais da pantalla! Vivan os mortais normais, filmados na vida durante as súas ocupacións  habituais
3. ¡Abaixo os guións-fábula burgueses! Viva a vida tal e como é.
4. O cine-drama e a relixión son un arma mortal nas mans dos capitalistas. Pola demostración da nosa cotidianeidade revolucionaria, arrinquemos estas armas das mans do inimigo.
5. O drama artístico actual é un vestixio dun mundo vello. É unha tentativa para deslizar a nosa realidade revolucionaria no interior de formas burguesas.
6. Abaixo a posta en escea da vida cotián: filmádenos de improvisto tal e como somos.
7. O guión é  unha fábula inventada sobre nós por un home de letras. Vivamos a nosa vida sen someternos ás invencións de calquera persoa.
8. Na vida, todos nos adicamonos aos nosos asuntos sen impedir traballar aos demáis. O que pretendemos no cinema ollo é filmar sen impedirnos traballar.
9. ¡Viva o cine-ollo da revolución proletaria!


                                                                                                                    Manifesto dos Kinoks, Cine Ollo. Dziga Vertov. 1923
Dedicado a Andrea Seoane

Aquí tedes un pequeno video que ilustra estas ideas


E se queredes ver outra proeza de Vertov botádelle un ollo á "Entusiasmo", a súa primeira cinta sonora (1931). A pesares do tempo transcorrido, ainda mantén unha mestura de frescura, ousadía e vangarda. Daquela, ninguén no mundo estaba a utilizar o son como fai Vertov neste filme.

luns, 22 de xaneiro de 2018

Cumpreanos de Eisenstein

Co gallo do 120 aniversario do nacemento do xenial cineasta ruso (22 de xaneiro de 1898), hoxe  numerosos medios de comunicación rememoran a pervivencia do seu legado. Iso demostra que estamos diante dunha figura clave da cultura contemporánea.

E a lembranza de Google 22-1-2018

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Eisenstein e a montaxe de atraccións

Ao principio do curso fixemos unha enquisa sobre diversas cuestións relacionadas co cinema. Lembrade que había un par de preguntas que ninguén foi capaz de respostar. Unha delas era sobre Serguei N. Eisenstein, un dos cineastas mais interesantes do tema das vangardas que estamos a tratar en clase. Non perdades este breve video en Días de cine sobre a súa obra. Hai quen pensa que o aporte de Eisenstein á historia do cinema é comparable ao de Leonardo da Vinci no Renacimento. Entre as moitas innovacións que aportou á linguaxe cinematográfica destaca de xeito singular o concepto "montaxe de atraccións" e moi especialmente a montaxe intelectual que son "xogos de asociacións de imaxes máis ou menos arbitrarias que debían conducir psicolóxicamente (...) no espírito do espectador cara conceptos e despois, cara ideas preestablecidas polo cineasta". Aquí tedes unha peza que desenvolve un pouco o concepto.




mércores, 17 de xaneiro de 2018

10 peliculas surrealistas

Aquí tedes dez exemplos de filmes surrealistas ? para que vos inspiredes. Está realizada por un you tuber peruano. Algunha non corresponde exactamente co que falamos en clase, e mesmo son filmes mais ben horrendos; Están aí para a vosa inspiración e debate. O que sí é relevante e mirar os filmes recomendados nos apuntes do tema. Podedes incorporar novos títulos e propostas ao voso gusto.  

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Máis expresionismo

Xa estades a ver que o estilo expresionista deixou unha gran pegada no cinema ao longo do tempo, pois está moi presente aínda, como un xeito de esaxerar os sentimentos ou emocións dos protagonistas, mediante decorados moi determiñados, ou uso das luces e sombras marcando a narración. Aquí tedes un marabilloso exemplo dunha pelicula española que de seguro non vos soa, mais que recomendo vivamente o seu visionado: La torre de los siete jorobados do grande Edgar Neville. A secuencia conduce ao espectador a unha especie de cidade subterránea baixo Madrid.

"LA TORRE DE LOS SIETE JOROBADOS", EDGAR NEVILLE, 1944 from Shangrila Textos Aparte on Vimeo.

E xa nun plano mais divertido (porqe hai que ver de todo) aquí tedes un spot expresionista realizado por alumnos de 2º de Gráfica Publicitaria de la Escuela de Arte de Jerez

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Un pouco de inspiración artística

Fai uns dias navegando polo infinito mundo do internet, atopei un video que dende o meu punto de vista, é maravilloso. Cando o vin encheume a miña cabeza de inspiración e de ideas artísticas de todo tipo, pareceme que está moi traballado, e cheo de inspiración expresionista, algo que ten que ver co que dimos sobre directores coma Murnau, Lang e Tim Burton, asi que iso... espero que vos guste e sirvaos de canle de inspiración como serviunme a min, un saudiño :)


Expresionismo e cine negro

Unha boa parte dos técnicos, artistas e directores do cinema expresionista alemán tiveron que emigrar do seu pais co trunfo de Hitler e o nazismo a partires de 1933. O pais escollido foi EEUU e Hollywood o seu lugar de traballo. Moitas das técnicas e invenciones narrativas do gran cine alemán integráronse no sistema de representación (mainstream) de Hollywood, nomeadamente nalgúns dos seus xéneros cinematográficos como o cinema negro ou thriller. Nestes catro clips breves producidos pola plataforma Filmin, poderedes comprobalo coa comparativa de "M, el vampiro de Dusseldorf" (1931) e "Mientras Nueva York duerme" (1956) de Fritz Lang, .
CÁPSULA #16 - Del expresionismo alemán al cine negro I from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

"El último" (F.W.Murnau, 1924) e "La senda tenebrosa" (Delmer Davis, 1947)
CÁPSULA #17 - Del expresionismo alemán al cine negro II from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

El gabinete del Doctor Caligari" (Robert Wiene, 1919) e "La dama de Shanghái" (Orson Welles, 1947)
CÁPSULA #18 - Del expresionismo alemán al cine negro III from Ariel Fernández Verba on Vimeo.


"Metrópolis" (Fritz Lang, 1927) e "La ciudad desnuda" (Jules Dassin, 1948)
CÁPSULA #19 - Del expresionismo alemán al cine negro IV from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

Tim Burton e o expresionismo

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton. . Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene).De seguro que vai a gustarvos.



O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

domingo, 7 de xaneiro de 2018

A continuidade

Agora estades xa traballando no exercicio de continuidade, non ven demais lembrar conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa  clase maxistral sobre a importancia da continuidade.
E aquí un minitutorial  impartido por un  mozo youtuber sobre o asunto: