mércores, 28 de febreiro de 2018

"Mestre churrasqueiro"

Algún de vos pediume que colgara aquí o spot do "Mestre churrasqueiro" o que ao parecer vos gustou tanto. Xa buscades vos os outros catro capítulos. Ai vai.


 E xa que aínda estades en estado de shock despois de ver estes días o Museo de Prado, Arco e un bó  feixe de exposicións, aquí deixo un artigo que ao mellor vos interesa sobre 30 campañas publicitarias inspiradas en grandes obras de arte

Publicidad ingeniosa

En esta entrada os traigo alguno de los muchos anuncios que he visto, y estes son los que mas me han llamado la atencion y creo que os gustarán.

iPhone 7 - La Roca + Siri. Exprime tu día. - Apple


Salvemos las cenas - Anuncio IKEA


domingo, 18 de febreiro de 2018

O carro e o home

Aquí tedes un auténtico clásico e unha marabilla. Un dos documentais mais relevantes do cinema galego de todos os tempos. Gostaríame que falárades en clase  sobre esta biografía do carro. Aí vai.. sen mais comentarios. Unha viaxe polo tempo.
9173 - O Carro e o home from Editorial Teide on Vimeo.

xoves, 15 de febreiro de 2018

A sabiduria de John Berger

Fai agora un ano-a comezos do 2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e Fundamentos e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)

mércores, 14 de febreiro de 2018

Unha película de animación sobre un documental

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel. Un documental estremecedor - producido co diñeiro do premio gordo da Lotería- sobre a situación das xentes de Las Hurdes nos tempos de Alfonso XIII. Un filme avogado que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño  "Buñuel en el laberinto de las tortugas·, unha película de animación sobre o seu proceso de creación. Está baseado nunha novela gráfica de  Salvador Simó publicada pola editorial Astiberri. Actualmente andan en pleno rodaxe e ten prevista a estrea a fins do 2018   Si queredes saber máis sobre esta prometedora película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel,"
Aquí tedes un teaser do proxecto:

Ao mellor,é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic, producir unha pelicula de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

Toda a memoria do mundo

Ese é o título dun sinxelo mais marabilloso documental dirixido en 1956 polo gran cineasta francés Alain Resnais. Nel faremos un percorrido por unha biblioteca, a Biblioteca Nacional Francesa, mais tamén están presentes a cultura, a memoria, o pasado, e ata a felicidade. A cámara hiperactiva do director contou coa colaboración de xente que xa ides coñecendo polo que falamos en clase como Agnès Varda ou Chris Marker. Encántame o título:"Toda a memoria do mundo"


toda la memoria del mundo from kid limbo on Vimeo.

martes, 13 de febreiro de 2018

A polos documentais ¡

A estas alturas deberíades estar tod@s matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase". Para completar o xa explicado nestes días recoméndovos que leades este artigo publicado na web "Tras la cámarasobre o grandísimo documentalista Cris Marker titulado: "7 Documentales de Chris Marker disponibles en Youtube que cambiarán tu modo de ver la historia en el cine". Sobre Chris Marker (1921-2012), escritor, fotógrafo y director de cine galo falamos no tema das vangardas, cando vimos fragmentos de "La Jetté", un filme experimental realizado con fotografías en 1962
La Jetée - Chris Marker (1962) - HD 720p - Subs en Español from Cinético Productora Audiovisual on Vimeo.
Botádelle un ollo aos seus filmes que corroboran, o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.