xoves, 19 de abril de 2018

Finalistas de Youtubeir@s

Mañán venres, 20 de abril ás 20 h no Teatro Colón celébrase a gala final dos premios Youtubeir@shttp://youtubeiras.gal/ ás que se presentaron 230 videos procedentes de toda Galicia. Participan moitos mozos e mozas coma vos.Ten como obxectivo o de promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e videotitoriais a través dunha das redes sociais máis influíntes do momento. Si tedes algo de tempo podedes botarlle un ollo aos vídeos que compiten na gran final.

Categoría de vídeo-facermos:

Categoría de vídeo-opinarmos:

Categoría de canle:

Categoría de creatividade:

Categoría de eficiencia comunicativa:

Categoría de calidade técnica:

Categoría de calidade lingüística:

Categoría de proposta youtubeira:


mércores, 18 de abril de 2018

Estrea de "Versogramas"

Falamos en clase deste proxecto pioneiro que pretende poñer en valor o xénero da videopoesía en España agrupando nunha longametraxe documental aos máis relevantes videopoetas do panorama español e internacional.
Aquí tedes a súa web completa con moitísima información sobre a videopoesía. A premiere mundial de Versogramas será en NUDO – Festival de Poesía Visual (Barcelona), o vindeiro venres 20 de abril. Vai o trailer:

VERSOGRAMAS / VERSES&FRAMES [TRAILER] documentary from Esferobite-DSK on Vimeo.


luns, 16 de abril de 2018

Videopoema + radio

Como estamos a falar dos xéneros radiofónicos e crear un videopoema, aquí deixo un dous x un. O poeta é Marwan (mirade a súa web). O video ten un millón e medio de visualizacións  e 36.000 me gusta. Que vos inspire...




E XA DE VISION OBRIGADA , este fermosisimo videopoema realizado en 1992 por Toño Lopez (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar que vivía nun pequeno pobo de Castela. Poema visual sobre textos de Machado. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que
levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). É unha das pezas que máis me molaron do xénero da videopoesía

El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.





xoves, 12 de abril de 2018

¡Hola, buenas noches!

Onte vin esta curta e parecemeume que ao mellor vos gustaría. Dirixida por Pau Rodilla; xa tivo as 100.000 visualizacións en Youtube. Participa no prestixioso Jameson Notodofilmfest

martes, 10 de abril de 2018

Videopoesía (1)

1.-Comezamos a poñer exemplos de videopoemas. O primeiro día vimos o "Proxecto Nimbos" sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, no que un fato grande de cineastas galegos fanlle unha peculiar
homaxe visual poñendo imaxes ás sensacións que producen os seus versos. A iniciativa consistiu en facer un chamamento a cineastas e creadores audiovisuais tanto de Galiza como de fóra dela para faceren unha breve curtametraxe e dar nela a súa visión dun dos poemas que forman o libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Se procedemos á súa lectura vemos como os textos do poemario se caracterizan por unha forte compoñente visual. Polos versos están esparexidas imaxes e metáforas capaces de definir dunha maneira nidia todo tipo de conceptos. Un estilo poético que fai gala de certo resaibo pola metafísica da mirada. As descricións son prolíficas e fai gala de certa insistencia contemplativa no mundo natural que redunda nun forte existencialismo. Si algún de vos se atreve a participar neste proxecto, logo será enviado aos seus xestores por si consideran oportuno publicalos.
Podes miralos aquí perfectamente organizados con ligazóns dos poemas aos vídeos.

Unha segunda liña de achegarse aos videopoemas, pasaba por revisar o Proxecto "Versogramas", onde un grupo de cineastas tentan achegarse á poesía visual con certos medios.
Aquí tedes a súa web para que vos inspiredes.
Na Web tedes moitos exemplos de xeitos diversos de achegarse á videopoesía como por exemplo 
Qué es el amor” , un poema de Lucy English, traducido e recitado por Eduardo Yagüe. Él mesmo asume a dirección do videopoema. Como actor protagonista, Steffan Carlson.



mércores, 4 de abril de 2018

Breve historia da radio

Como estamos xa nas ondas electromagnéticas, imos comezar cun pequeno resumo da historia da radio.. Aí vai


E non podería deixar de recomendarvos "Historias de la radio", unha magnífica película sobre a importancia da radio na sociedade española nos anos cuarenta e cincuenta (antes da chegada da TV). . Dádelle unha oportunidade, buscadea por Internet... Ídevos rir a tope con ela. Aí vai unha secuencia...