Amosando publicacións coa etiqueta composicion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta composicion. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2018

A sabiduria de John Berger

Fai agora un ano-a comezos do 2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e Fundamentos e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)

domingo, 28 de xaneiro de 2018

A voltas coa xeometría

Agora que estades matinando xa nas Vangardas, botádelle un ollo a este video. Vaivos sorprender e divertir. Os pintores cubistas non ían tan descamiñados...


venres, 15 de decembro de 2017

App para editar en el móvil

A ver, la verdad es que si hay que editar en el móvil siempre da la impresión de que no nos pueden quedar bien del todo (como podría quedar con el Sony Vegas) o que perdemos muchas opciones para darles otro efecto a los vídeos. Pues hoy encontré una app que es muy útil, muy intuitiva y fácil. Os dejo el link.
https://play.google.com/store/apps/details?id=video.vue.android

venres, 20 de outubro de 2017

Estrea de "Lumiere"

Casi coincidindo coa estrea dos vosos cuarenta filmes Lumiere, hoxe estreouse en España a película "¡LUMIERE! Comienza la aventura" de  Thierry Frémaux, a partires dos 1.417 pezas que se conservan dos inventores do cinematógrafo. Mais como escribe Gregorio Belinchón no xornal "El país" de hoxe:

"Tras ver el filme, queda claro que fueron los primeros en crear gags, en hacer remakes, en cuidar las composiciones con luces y sombras... Sabían muy bien lo que hacían. En sus trabajos están la primera muestra de cine abstracto o las primeras imágenes deportivas, porque el deporte moderno nace a la vez que el audiovisual. Sus filmes se pueden ver como una obra actual, presente, y no como ejemplos de arqueología cinéfila. Para eso fueron tres veces los inventores del cine: inventaron la técnica, inventaron el arte e inventaron su realización."

Tamén insiste no que tantas veces repito na clase ata facerme un profe pesado: "El acto cinematográfico de los hermanos es el mismo que el de un cineasta del siglo XXI, que responde a tres preguntas: ¿Qué quiero contar? ¿Cómo lo voy a hacer? Y ¿cuál es la mejor posición de la cámara?

Aquí tedes o trailer

Para leer:
Los Lumière, los primeros artistas del cine 
Así nacieron los primeros cineastas
Los 46 segundos que iniciaron la odisea del cine
Lumière, cámara y acción
La invención del cine

mércores, 18 de outubro de 2017

Pinturas no cinema

Seguímoslle dando voltas á composición e a posta en escea. Deume a impresión que vos mola o asunto da pintura no cinema. Aquí tedes unha curiosa selección de fragmentos de filmes no que as obras de arte sirven para caracterizar persoaxes ou situacións da trama dramática. Que vos preste...

Frames Within Frames: How Paintings Matter in Movies from Fandor Keyframe on Vimeo.

Aqui  tedes unha explicación dos cadros e dos filmes que saen no video

mércores, 11 de outubro de 2017

Poesía visual de Tarkovski

Citei de pasada en clase a fascinante capacidade do visionario cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Traballar coas imaxes, é unha das principais tarefas do artista visual. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal". Nos seus sete filmes sempre deixa aberta a interpretación das súas imaxes para que os espectadores vivan por sí mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. Exactamente ao contrario do cinema mainstrean. Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres¡¡¡¡. Ou poñede o seu nome en San Google para que vos percatedes de quén estamos a falar.


Mais exemplos de composición no cine:

What Is Composition from Press Play Video Blog on Vimeo.

mércores, 4 de outubro de 2017

Composición, encadre, emoción, beleza e sentido..

Nestes días andamos a matinar constantemente nos conceptos do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante, mais non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas cargadas de sentido.


Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)

xoves, 28 de setembro de 2017

A mirada de Hopper

Nestes días imos comezar a darlle voltas ao concepto de "encadre" e "composición".  É imprescindible que asumades que un/unha verdadeir@ cineasta debe ter unha mirada persoal é por veces única, independentemente do tema ou historia que aborde. Esa mirada poderémola identificar a través de diferentes xeitos e mecanismos, un deles é precisamente o encadre e a composición nos diferentes planos que compoñen a narración audiovisual. O cineasta selecciona fragmentos de realidade -peza a peza, plano a plano, para construír o puzzle narrativo que debe penetrar na cabeza ou corazón do espectador. Unha inagotable fonte de inspiración para @s cineastas é analizar cómo encadran os clásicos da pintura ou fotografía.
Imos comezar por un deles. Trátase de Edward HopperUn creador imprescindible que ao longo da súa traxectoria deixou pegada en cineastas tan dispares como Hitchcock, Nicholas Ray, Denis Hopper, Terrence Malick, Coppola, David Lynch, Win Wenders, Sam Mendes ou Almodovar