domingo, 29 de outubro de 2017

Hollywood en San Sadurniño

Como semella que vos mola o asunto da música no cinema, aí vai  "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe",  unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para  filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.

Leitmotivs no cine

Atopei este vídeo no que aparecen unha morea de exemplos explicados de leitmotivs da película El Señor de los Anillos. Pareceume interesante xa que vense moi ben.

sábado, 28 de outubro de 2017

Videoxogo dos anos 30?

Tiven a necesidade de compartir isto convosco, xa seades fans de Disney ou de videoxogos, como simplemente animación, se que este xogo vos encantará.

Chámase Cuphead, e comezou a desarrollarse en 2010 polos hermanos Moldenhauer, e deuse a coñecer o pasado mes de septembro. Os desarrolladores deste xogo tiveron diversos problemas coa finalización do xogo, tendo que hipotecar a súa casa para terminalo.
Ten unha trama moi simple, dous hermanos, Cuphead e Mugman, apostan có diablo nun casino as súas almas e rematan perdendoas, pero o diablo dálles outra opción, obter as deudas que ten outra xente con él e devolverllas, de esa maneira salvaránse. A pesar de parecer sinxelo nun primer momento, asegúrovos que se xogades daravos más dun quebradeiro de cabeza.
É un videoxogo moi característico, posto que está feito da mesma maneira nas que se facían as animacións dos anos 30, dándolle un toque moi especial a todo o xogo.

Deixovos un video que atopei cun pouquiño do proceso de animación, aínda que vos animo a que investiguedes e vexades un pouco do xogo pola vosa conta.

                         

Vídeos musicales sen música

O outro día navegando por YouTube atopei un canal no que vese bastante ben o traballo que ten un foley dunha forma algo gracios. Neste canal cólganse vídeos musicais nos que non hai música, soa raro, pero é mellor que os vexades e lle atopedes o sentido.




Aquí tedes o canal:



mércores, 25 de outubro de 2017

Música prescindíbel e silencio sonoro

Estamos a comezar o tema do espazo sonoro e a función da música no cinema. Aquí tedes tres pezas para ilustrarvos. Os dous primeiros van sobre a música aplicada ao universo Marvel. Como se trata de filmes que coñeceredes ben,-por formar parte da vosa infancia e mocidade- paréceme interesante que lles botedes un ollo (ou dous).



Mais houbo algún critico disconforme con esta mirada sobre a música no cine e respostou con este video que pon a caldo -literalmente- a Hans Zimmer..



Alguhna opinión?

O segundo vai sobre o uso creativo do silencio nos filmes de Martin Scorsese, para que lle perdades o medo ao silencio nas vosas pezas..

domingo, 22 de outubro de 2017

Máis sobre Van Gogh

Dedicado a Ana Martínez, "Bananatas"
No magnífico e moi currado blog Bananatas, Ana escribiu un par de artigos no que fica patente a admiración que sinte polo mítico e grandisimo Vincent Van Gogh. Nun deles fala do singular proxecto que se está a producir coa súa obra, (mirade a web  "Loving Vincent")

Eu  recomendaría a Ana e tod@s @s artistas da clase que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" un fragmento da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado xaponés á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (Mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas).  Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e a  compulsión creadora  e aplicádea á vosa práctica artística. Aguantade, porque que cara o final da curta ides alucinar, ainda que fose realizada hai case trinta anos moito antes do cinema que estades afeitos a ver, sen efectos "dixitais".
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.




sábado, 21 de outubro de 2017

Kill Bill: Vol 1.

Onte estiven a ver de novo a mitiquísima Kill Bill (moi recomendada por certo) e, nun momento dado, percateime de que estaba ante un plano secuencia.
Deixoo por aquí para que poidades ver un exemplo e buscar inspiración para o traballo que teremos que entregar en pouquiño tempo.


Stefran Draschan

Stefran Draschan é un fotógrafo francés que pasou innumerables horas visitando diferentes museos en París, Viena e Berlín coa finalidade de que os visitantes combinaran coas obras que estaban a ver. Estas fotografías, aínda que non o parezan, non están planeadas. Podedes velas na súa colección: “People Matching Artworks”






Aquí vos deixo a súa páxina: www.stefandraschan.com - People Matching Artworks

venres, 20 de outubro de 2017

"Swiss army man"

Hola, hoy os voy a descubrir una peli que me acabo de ver que me a gustado bastante. Va de un hombre, Hank (Paul Dano), que después de pasar mucho tiempo en una isla desierta decide suicidarse. La pelicula acabaria ahi si no fuera porque casualmente el mar trae a la playa a un cadaver, Manny (Danniel Radcliffe), que empieza a soltar gases post mortem. La pelicula nos habla de una historia de amor y aventura con una comedia donde los pedos sirven para algo mas que hacernos pasar verguenza en lugares publicos. Me ha gustado bastante y espero que la veais (que os guste o no ya es cosa vuestra).

Steph Wilson: O estético e o que ninguén quere que vexamos.

Steph Wilson é unha fotógrafa Londinense que mestura nas súas fotos o que todos deberíamos coñecer, pero que ninguén quere que vexamos.

Imaxes cun discurso crítico, narrado dunha forma estética que o suaviza, son o tipo de traballos que nos vamos a atopar se botamos unha ollada a esta  artista:

Resultado de imagen de steph wilson

Tamén fundadora dun colectivo artístico chamado Lenon People, a creadora mostra un espírito guiador, que se presenta canto menos neste traballo chamado "Emoji". En el, móstrasenos a ridiculez da censura que se lle aplica á desnudez en redes sociais como instagram, pero con obxectos reais. sempre con escenas que confunden ao espectador debatíndose entre o soez e o estético da imaxe.

Resultado de imagen de steph wilson emoji

Resultado de imagen de steph wilson emoji

Podedes visitar o seu traballo na súa páxina web: http://www.steph-wilson.com/

A vida é bella

Ola a todos, xa que chega a fin de semana estiven pensando en recomendar, como non, A vida é bella. Neste caso está en italiano. Eu a recomendo así sempre xa que a min é un idioma que encántame e pensei que quizáis vos gustaría tamén. Un saludo

Estrea de "Lumiere"

Casi coincidindo coa estrea dos vosos cuarenta filmes Lumiere, hoxe estreouse en España a película "¡LUMIERE! Comienza la aventura" de  Thierry Frémaux, a partires dos 1.417 pezas que se conservan dos inventores do cinematógrafo. Mais como escribe Gregorio Belinchón no xornal "El país" de hoxe:

"Tras ver el filme, queda claro que fueron los primeros en crear gags, en hacer remakes, en cuidar las composiciones con luces y sombras... Sabían muy bien lo que hacían. En sus trabajos están la primera muestra de cine abstracto o las primeras imágenes deportivas, porque el deporte moderno nace a la vez que el audiovisual. Sus filmes se pueden ver como una obra actual, presente, y no como ejemplos de arqueología cinéfila. Para eso fueron tres veces los inventores del cine: inventaron la técnica, inventaron el arte e inventaron su realización."

Tamén insiste no que tantas veces repito na clase ata facerme un profe pesado: "El acto cinematográfico de los hermanos es el mismo que el de un cineasta del siglo XXI, que responde a tres preguntas: ¿Qué quiero contar? ¿Cómo lo voy a hacer? Y ¿cuál es la mejor posición de la cámara?

Aquí tedes o trailer

Para leer:
Los Lumière, los primeros artistas del cine 
Así nacieron los primeros cineastas
Los 46 segundos que iniciaron la odisea del cine
Lumière, cámara y acción
La invención del cine

xoves, 19 de outubro de 2017

O Steadicam

Xa comentamos na clase o complicado que resultaba facer grandes planos secuencias nos tempos do cinema clásico (por iso son tan meritorios). En 1975, o operador de cámara Garret Brown, presentou un estabilizador de imaxe que recibiu o nome de Steadicam  A partir de entón foi mais doado realizar este tipo de planos. No 40 aniversario da invención realizouse este video-homenaxe ao artiluxio que abriu a porta a marabillosos planos secuencias do cinema contemporáneo.



The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.

mércores, 18 de outubro de 2017

Pinturas no cinema

Seguímoslle dando voltas á composición e a posta en escea. Deume a impresión que vos mola o asunto da pintura no cinema. Aquí tedes unha curiosa selección de fragmentos de filmes no que as obras de arte sirven para caracterizar persoaxes ou situacións da trama dramática. Que vos preste...

Frames Within Frames: How Paintings Matter in Movies from Fandor Keyframe on Vimeo.

Aqui  tedes unha explicación dos cadros e dos filmes que saen no video

domingo, 15 de outubro de 2017

PEMEX:

Un pequeno documental sobre un día na vida dun dos grafiteiros americanos máis coñecidos e icónicos da actualidade, e a súa visión da arte e o graffiti.
PEMEX:


Cine gratis (Russel Crowe)

Hoxe, ao entrar na páxina web do cine dúplex de Ferrol, atopei un cartel que promete proxectar películas de Russel Crowe de balde dende o 5 de outubro ao 7 de decembro e sentín que debía comparti-lo.
Deixovos o cartel coas películas correspondentes a cada día.

venres, 13 de outubro de 2017

Un excelente plano secuencia


Hola compas, hoxe estiven mirando en youtube distintos exemplos de planos... e atopei esta ma-ra-vi-lla, esto si que é un bo plano secuencia, espero que vos guste e inspire co traballo que temos que facer do plano "Lumiere".

Un saudo :)
Andrea, este plano non ten que ver co plano "Lumiere" que estades a facer. Repasa as características na pestaña "Ferramentas de clase"

mércores, 11 de outubro de 2017

Poesía visual de Tarkovski

Citei de pasada en clase a fascinante capacidade do visionario cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo, un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Traballar coas imaxes, é unha das principais tarefas do artista visual. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal". Nos seus sete filmes sempre deixa aberta a interpretación das súas imaxes para que os espectadores vivan por sí mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. Exactamente ao contrario do cinema mainstrean. Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas imaxes. Copiade dos mestres¡¡¡¡. Ou poñede o seu nome en San Google para que vos percatedes de quén estamos a falar.


Mais exemplos de composición no cine:

What Is Composition from Press Play Video Blog on Vimeo.

domingo, 8 de outubro de 2017

As I Lay Dying

Onte vin outra vez esta película e pareceume aínda mellor que a primeira vez. É unha película dirixida por James Franco que trata sobre a viaxe que fai unha familia para levar o corpo da nai ata a cidade. É unha película que ao principio pode parecer un pouco densa, pero non podes deixar de vela. Recoméndoa! Déixovos o trailer.

Blade Runner. O que Dechard non sabía.

Hola, deixo aquí un enlace que me encontrei e pareceume moi interesante para as persoas que queiran ver os aspectos máis filosóficos desta película e algunha que outra curiosidade:
O QUE DECKARD NON SABÍA

Un videoclip cheo de películas

Hai tempo que atopei este video en Youtube e pareceume interesante ensinárvolo. Nel móstrase unha chea de referencias a películas coñecidas, a ver cantas recoñecedes, eu contei 26.

venres, 6 de outubro de 2017

Blade Runner en Londres

                 


Un dos meus youtubers favoritos viaxou a Londres para ver o estreno de Blade Runner, ensinando tamén un pequeno museo e unha reconstrucción dun dos espazos da película.

Pareceume interesante conpartirlo convosco, espero que o disfrutedes.

xoves, 5 de outubro de 2017

Un xogo que non vos deixará indiferentes...

Ola! Non quero desvelar moito para non facervos "spoiler" deste xogo que veño de atopar ; chámase innocent, pero ainda que o título está en inglés tamén o tedes dispoñible en castelán. Se, coma a min, vos gustan as tramas de misterio e acción, velaquí tedes a oportunidade de vivir unha en primeira persoa. Eu volto a xogar, agardo que vos guste ✌

mércores, 4 de outubro de 2017

Composición, encadre, emoción, beleza e sentido..

Nestes días andamos a matinar constantemente nos conceptos do encadre e a composición. Antes de darlle ao "REC" pensade ben -unha e outra vez- qué ides encadrar e cómo. Ao mellor -lamentablemente- seguides pensando que non é importante, mais non será pola miña insistencia repetitiva unha e outra vez na clase. Xustamente é un dos sinais que caracterizan unha mirada profesional e artística ante o refugallo de imaxes que pululan pola rede. Si queredes que as vosas fotos e videos impresionen aos demais, coidade o encadre e a composición. Este vídeo ten como obxectivo recordávolo. Botádelle un ollo, porque de seguro ides aprender algo e ao tempo disfrutar de imaxes belísimas cargadas de sentido.


Mais, a pesares de todo tamén insistimos que as regras tamén están para romperse, -sempre que teñas un obxectivo estético-narrativo claro-, como podes apreciar neste vídeo sobre la serie "Mr Robot". Observaredes que os planos utilizados rachan coa composición convencional, mais aportan moita información e reforzan os sentimentos dos persoaxes (ansiedade, soedade, tensión, irrealidade etc)

martes, 3 de outubro de 2017

Chega Blade Runner

Falamos en clase do filme.  Blade Runner, un das mellores pelis de ciencia ficción da historia do cinema. Un clásico realizado hai 35 anos, mais que semella que foi rodado onte mesmo. Un relato de múltiples lecturas e universos como as diferentes capas dunha cebola. Certo que é "cine mainstream", mais do bó, que pode reconciliar ao público e a crítica especializada.
Aquí tedes o trailer oficial da cinta primixenia que impactou profundamente aos mozos e mozas da xeneración da que me sinto parte:


Sen dúbida estamos diante dunha das películas mais influintes en movementos, estéticas, imaxes e tendencias en comics, deseño, videoxogos, e todo tipo de filme de ciencia ficción. Si ledes este artigo "Cosas que no existirían sin Blade Runner" poderedes comprobalo.
O venres día seis estréase
Blade Runner 2049. Non vaiades a vela sen antes deixaros levar pola atmósfera hipnótica da orixinal.

luns, 2 de outubro de 2017

Coda - Cortometraxe de "Alan Holly"


Ola a todos, son Andrea Seoane e pásome por aquí para deixar unha pequeña das moitas aportacións que teño pensado publicar neste blog da clase, porque declárome moi fan das animacións, peliculas, series,... en xeral todo o contido audiovisual, e síntome moi agradecida cando me dan a coñecer algunha cousa que descoñecía, deste xeito, quero compartir con vós isto. O que os vou mostrar tratase dunha animación que descubrín ai moito tempo (un ano ou así), onde a música, a ilustración e o diálogo fusiónanse dunha maneira perfecta. A primeira vez que a vín desmontoume o "ser" por completo e vinme obligada a volvela a ver unha e outra vez, porque fascinoume moitísmo, e aún aínda de hoxe a vexo e sígueme gustando.

Esta animación os fará reflexionar sobre as vosas vidas, e os abrira os ollos a todos aqueles que malgastan o tempo creendo que este nunca se agotara e logo cando imos morrer decatámonos do corta que foi a vida e o rápido que pasou o tempo que desperdiciamos, porque quizáis queras disfrutar da vida cando sexa demasiado tarde.Este video esta cheo de connotacións, asi que estar moi pendentes para exprimilo e sacar a vosa propia conclusión, eu xa teño a miña, asi que espero que os guste e sintades o mismo que sentin eu.( Atópase subtitulado por si alguen ten dificultades co inglés)


Unha aperta :)





Películas

Hoxe, xa que as entradas que vin neste blog dos meus compañeirxs eran de recomendacións (de películas ou cancións) decidín seguir a temática e veño a deixar o enlace do meu blog no apartado no que recomendo varias películas cós seus respectivos tráilers (algunhas polo increíble que me parece a estética e outras porque simplemente me gustan). Son varias porque a verdade é que non podería decidirme por unha soa a recomendar agora.
http://garomic.blogspot.com.es/p/peliculas.html



domingo, 1 de outubro de 2017

"Rosas rojas"

Ola! Hoxe me apetece moito contarvos un pouco máis sobre min e os meus gustos sobre o cine e encantariame mostrarvos unha das miñas películas favoritas e que reflexa perfectamente a miña orientación sexual e o que pode chegar a facer o amor. Recoméndoa moito. Un saludo! https://www.youtube.com/watch?v=CwfhAOzEppM