xoves, 19 de outubro de 2017

O Steadicam

Xa comentamos na clase o complicado que resultaba facer grandes planos secuencias nos tempos do cinema clásico (por iso son tan meritorios). En 1975, o operador de cámara Garret Brown, presentou un estabilizador de imaxe que recibiu o nome de Steadicam  A partir de entón foi mais doado realizar este tipo de planos. No 40 aniversario da invención realizouse este video-homenaxe ao artiluxio que abriu a porta a marabillosos planos secuencias do cinema contemporáneo.



The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.

1 comentario: