mércores, 1 de novembro de 2017

Compoñer música para o cinema

Seguimos a volta co asunto  da creación das bandas sonoras. Decides que non tedes tempo para nada, mais ao mellor nun día festivo @s interesad@s no tema queredes aprender algo mentres estades no sofá, sen saber moito qué facer. Nese caso, aquí tedes un magnífico documental, "La gran partitura" , producido pola BBC inglesa sobre as relacións entre a música e cinema. Neste primeiro capítulo Neil Brand amosa cómo compositores de orixe europea como Max Steiner e Erich Wolfgang Korngold aportaron novas ideas para obras mestras de Hollywood como King Kong e The Adventures of Robin Hood. Ou cómo Bernard Hermann, aportou un son mais oscuro e moderno a algunhas das mellores películas do cine, coas súas partituras para Cidadán Kane, Psicosis ou  Taxi Driver. Tamén inclúense no docu outros cineastas e compositores como Martin Scorsese e Hans Zimmer, compositor de éxitos de taquilla como Gladiator e Origen


E non perdades a terceira parte coa mirada posta na musica electrónica  dende os primeiros usos de curiosos instrumentos como o Theremin. o Trautonium e os primeiros sintetizadores en filmes como "Los pájaros",  ata a traxectoria de compositores música electrónica como Vangelis e Clint Mansell.

1 comentario:

  1. Os vídeos son fantásticos, concretamente, o primeiro (segundo a miña percepción, claro). Segundo comezar co conto da cociña e a taza do café xa fai evidenza da importancia do son nos filmes. Moitas grazas por subilo, Manolo!

    ResponderEliminar