martes, 7 de novembro de 2017

Sobre Carlos de Hita e as paisaxes sonoras

Nestes días que estamos a falar de espazos sonoros, non  podo deixar de recomendarvos un dos profesionais españois do son que máis ten traballado polo rexistro das Paisaxes Sonoras. Aquí tedes a web de Carlos de Hita, ateigada de suxerencias de todo tipo, moitas delas absolutamente marabillosas. En realidade non sabería cómo escoller unha delas para recomendarvos. Podedes escoitar centos de exemplos de sons e non decidirvos por cal vos gusta máis. No ano 2006 foi nominado a un premio Emmy, na categoría de música e son, polas súas colaboracións con National Geographic. E nesta outra web, "El sonido de la naturaleza"  tedes infinidade de propostas sonoras para abrir aínda mais a vosa sensibilidade polo marabilloso e descoñecido traballo do son.

(Na fotografía, Carlos de Hita cun micrófono megadireccional)

Un exemplo da súa mestría é este vídeo titulado "A vuelapluma" onde podemos comprobar empíricamente cómo os nomes dos paxaros que escoitamos todos os días non son mais que onomatopeyas, a  transcripción do son característico de cada animal.


Ou este outro sobre As escalas dos ventos"

Ningún comentario:

Publicar un comentario