martes, 13 de febreiro de 2018

A polos documentais ¡

A estas alturas deberíades estar tod@s matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase". Para completar o xa explicado nestes días recoméndovos que leades este artigo publicado na web "Tras la cámarasobre o grandísimo documentalista Cris Marker titulado: "7 Documentales de Chris Marker disponibles en Youtube que cambiarán tu modo de ver la historia en el cine". Sobre Chris Marker (1921-2012), escritor, fotógrafo y director de cine galo falamos no tema das vangardas, cando vimos fragmentos de "La Jetté", un filme experimental realizado con fotografías en 1962
La Jetée - Chris Marker (1962) - HD 720p - Subs en Español from Cinético Productora Audiovisual on Vimeo.
Botádelle un ollo aos seus filmes que corroboran, o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario