luns, 16 de abril de 2018

Videopoema + radio

Como estamos a falar dos xéneros radiofónicos e crear un videopoema, aquí deixo un dous x un. O poeta é Marwan (mirade a súa web). O video ten un millón e medio de visualizacións  e 36.000 me gusta. Que vos inspire...




E XA DE VISION OBRIGADA , este fermosisimo videopoema realizado en 1992 por Toño Lopez (cando tiña 18 anos) cunha cámara doméstica nunha fin de semana que foi visitar a un familiar que vivía nun pequeno pobo de Castela. Poema visual sobre textos de Machado. Unha reflexión sobre o paso do tempo e a morte, nun percorrido polo camiño da vida e da auga. O documental aporta imaxes de gran beleza, asociacións visuais e iconografía sobre o devalar do tempo. Unha pequena xoia que
levou o Premio INJUVE 1996 e selección oficial no V Festival Internacional de video Cidade de Vigo (1994). É unha das pezas que máis me molaron do xénero da videopoesía

El camino del agua from Toño Lopez on Vimeo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario