xoves, 15 de febreiro de 2018

A sabiduria de John Berger

Fai agora un ano-a comezos do 2017-  faleceu John Berger escritor, crítico de arte y pintor británico a quen eu reverenciaba con admiración. Penso que teño pola casa gran parte dos seus libros, poesía, ensaios e novelas, especialmente a novela "Puerca tierra" e "Modos de ver", texto de referencia básica para a historia da arte e manual obrigatorio nos IES británicos."Ninguen´como él escribiu sobre as artes" (Manolo Rivas). É imposible non quedar fascinado pola intelixencia que destila cada unha das súas obras. Para achegarvos a súa figura, aquí tedes o primeiro capítulo da serie documental da BBC "Modos de ver" que influiu poderosamente na crítica e a historia da arte. Nel tamén se fala do cinema e moitos conceptos dos que falamos en clase. Non o perdades, porque vos sirve tamén para a materia de historia da arte e Fundamentos e sobre todo para entender mellor o mundo que vos rodea..


Modos de ver (Ep. 2)
Modos de ver (Ep. 3)
Modos de ver (Ep. 4)

Ningún comentario:

Publicar un comentario