martes, 3 de outubro de 2017

Chega Blade Runner

Falamos en clase do filme.  Blade Runner, un das mellores pelis de ciencia ficción da historia do cinema. Un clásico realizado hai 35 anos, mais que semella que foi rodado onte mesmo. Un relato de múltiples lecturas e universos como as diferentes capas dunha cebola. Certo que é "cine mainstream", mais do bó, que pode reconciliar ao público e a crítica especializada.
Aquí tedes o trailer oficial da cinta primixenia que impactou profundamente aos mozos e mozas da xeneración da que me sinto parte:


Sen dúbida estamos diante dunha das películas mais influintes en movementos, estéticas, imaxes e tendencias en comics, deseño, videoxogos, e todo tipo de filme de ciencia ficción. Si ledes este artigo "Cosas que no existirían sin Blade Runner" poderedes comprobalo.
O venres día seis estréase
Blade Runner 2049. Non vaiades a vela sen antes deixaros levar pola atmósfera hipnótica da orixinal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario