mércores, 25 de outubro de 2017

Música prescindíbel e silencio sonoro

Estamos a comezar o tema do espazo sonoro e a función da música no cinema. Aquí tedes tres pezas para ilustrarvos. Os dous primeiros van sobre a música aplicada ao universo Marvel. Como se trata de filmes que coñeceredes ben,-por formar parte da vosa infancia e mocidade- paréceme interesante que lles botedes un ollo (ou dous).



Mais houbo algún critico disconforme con esta mirada sobre a música no cine e respostou con este video que pon a caldo -literalmente- a Hans Zimmer..



Alguhna opinión?

O segundo vai sobre o uso creativo do silencio nos filmes de Martin Scorsese, para que lle perdades o medo ao silencio nas vosas pezas..

2 comentarios:

  1. Pareceume moi interesante a temática da banda sonora de marvel e cine en xeral. Considérome fan da música e das bandas sonoras dende hai tempo, posto que dende que probei eu mesma o que é compoñer e tocar un instrumento, sei o difícil que é.
    O tema das bandas sonoras é moi complicado, e estou en parte de acordo con cada un dos vídeos, por exemplo, creo que se queres facer memorable unha banda sonora, non debes poñerlle diálogos por riba, esto guiará o oído directamente ó que están dicindo e anulará completamente a música. Por outra parte, compoñer un tema novo é moi complicado e necesita moito tempo e correcións, a maioría dos compositores vense presionados polo director para usar música temporal, sen deixarlles pensar por eles mesmos cal podería ser a mellor opción para isto. Un exemplo contrario a isto sería Danny Elfman, compositor moi recoñecido polas súas colaboracións con Tim Burton que, na película "Pesadilla antes de Navidad" o que fixo foi ensinarlle escenas da película e que este crease a que lle parecese axeitada, creando unha película chea de cancións que eu, personalmente, non olvidarei.
    No segundo vídeo decateime da presenza de piratas do caribe, o que me leva a pensar ¿Ademais do tema principal que todos coñecemos, hay algún outro que recordes? A resposta probablemente sexa non. ¿Por qué se da este fenómeno?
    Eu creo que para que unha banda sonora sexa memorable debe ter dúas cousas esenciais: Unha melodía pegadiza ou un emprego de notas estándar, o que provoca que sexa máis fácil de recordar e memorizar, e a repetición, se só escoitas a canción unha vez durante toda a película, o máis probable é que a olvides e a omitas.

    Un tema sen duda moi interesante e con moitos puntos de vista, moitas grazas por publicalo Manolo.

    ResponderEliminar
  2. Bueno...o meu comentario é máis breve...
    A ver, a min gustáronme os vídeos porque cada cal ten a súa visión e denótase moito as palabras das que veñen as críticas, polo que en realidade todo é suxetivo. Eu considérome fan de Hans Zimmer, Vangelis e James Horner (que en paz descanse)dende hai xa moitísimos anos (concretamente dende que aos cinco anos descubrín que a música do Rey León estaba composta por un tipo chamado Hans Zimmer e empezei a indagar), pero tampouco deixo de lado a tranquilidade momentáneamente necesaria como fai Martin Scorsese. Na miña percepción e o que eu en realidade valoro nas BSO das películas, sexan da índole que sexan, é a capacidade emotiva e suxestiva que teñen sobre o espectador, esa emisión dunha mensaxe invisible e eficaz que acompañe a unha situación concreta e que dota ao filme de calidade respetando os tempos, elevando o ton e mediando as sensacións no momento preciso.
    Polo tanto, o resumo do resumo xa: os vídeos molan. Grazas, Manolo!

    ResponderEliminar