domingo, 22 de outubro de 2017

Máis sobre Van Gogh

Dedicado a Ana Martínez, "Bananatas"
No magnífico e moi currado blog Bananatas, Ana escribiu un par de artigos no que fica patente a admiración que sinte polo mítico e grandisimo Vincent Van Gogh. Nun deles fala do singular proxecto que se está a producir coa súa obra, (mirade a web  "Loving Vincent")

Eu  recomendaría a Ana e tod@s @s artistas da clase que non deixedes de ver a fascinante peza "Los Cuervos" un fragmento da gran película -obra maestra- "Los sueños de Akira Kurosawa", onde un afeccionado xaponés á pintura consegue localizar a Van Gogh e falar con él,  para  logo "perderse" entre os seus cadros. (Mágoa que non podades vela en pantalla grande ou HD para apreciar as testuras das pinceladas).  Apreciade a metáfora (visual e sonora) da locomotora e a  compulsión creadora  e aplicádea á vosa práctica artística. Aguantade, porque que cara o final da curta ides alucinar, ainda que fose realizada hai case trinta anos moito antes do cinema que estades afeitos a ver, sen efectos "dixitais".
Yume (Dreams) - Cuervos from abZurdo on Vimeo.




1 comentario:

  1. Moitas grazas pola recomendación, Manolo... e por suposto, moitas grazas tamén por esta entrada na que mencionas o meu traballo, de verdade.

    ResponderEliminar