mércores, 14 de febreiro de 2018

Unha película de animación sobre un documental

Falamos en clase de "Tierra sin pan" de Luis Buñuel. Un documental estremecedor - producido co diñeiro do premio gordo da Lotería- sobre a situación das xentes de Las Hurdes nos tempos de Alfonso XIII. Un filme avogado que serviu para algo, pois remexeu as conciencias das autoridades da súa época. Por iso resulta tan insólito o proxecto extremeño  "Buñuel en el laberinto de las tortugas·, unha película de animación sobre o seu proceso de creación. Está baseado nunha novela gráfica de  Salvador Simó publicada pola editorial Astiberri. Actualmente andan en pleno rodaxe e ten prevista a estrea a fins do 2018   Si queredes saber máis sobre esta prometedora película de animación, podedes ler o artigo "Cuando Luis se convirtió en Buñuel,"
Aquí tedes un teaser do proxecto:

Ao mellor,é posible que despois de coñecer que hai xente que se tomou tantas molestias (facer  un comic, producir unha pelicula de animación) por un simple documental, teñades máis interés en velo; pois aquí o tedes:

Ningún comentario:

Publicar un comentario